O vindeiro sábado 18 de setembro os e as #socialistascoruña temos unha cita coa nosa historia. Ese día preséntase no Paraninfo do Reitorado da Universidade da Coruña o libro, “Un viaje a la historia del socialismo coruñés del siglo XX y XXI” coordinado por Antonio Campos Romay, coa colaboración de Jesús Penedo Pallas como coordinador adxunto, e Luis Lamela García na asesoría histórica.

O libro, iniciativa da secretaria xeral Eva Martínez Acón, recompila a historia da Agrupación Socialista Coruñesa non só a través de documentación histórica rexistrada nas hemerotecas senón das experiencias dos propios protagonistas a través de entrevistas con Antonio Campos Romay, así como textos aportados por distintos colaboradores como Salvador Fernández Moreda, Francisco López Peña, Javier Rodríguez Castillo, Luis Arangüena Berea, José Nogueira Fernández, Fernando González Laxe, Jose Luis Méndez Romeu, Mar Barcón Sánchez, Obdulia Taboadela, Javier Losada, Inés Rey, Carmén Marón, Juan Quirós, Ramón Núñez, Mariam Ferreiro, Manuel Regueiro, Juana Parra, Pedro A. González; Pilar López Riobóo, Florencio Cardador, Elvira Rivas, Esteban Sánchez, Carmen Campos, Manuel González Espeso, José Burgos, Manuel Murillo, Carlos Echevarría, Antón de Santiago.

Ademáis da secretaria xeral, Eva Martínez Acón, e do coordinador do libro, Antonio Campos Romay, no acto participarán os e as exsecretari@s xerais da Agrupación Socialista Coruñesa, e contaremos coa presenza do  secretario xeral do PSdeG-PSOE,  Gonzalo Caballero.

É preciso confirmar a asistencia ao acto por teléfono no 981226601 ou whatsapp ao 647.251.900.  Cada asistente recibirá un exemplar do libro.

Esperámosvos!