O acto estivo coordinado pola secretaria xeral dos socialistas coruñeses, Eva Martínez Acón, e contou coa participación do secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e da alcaldesa da Coruña, Inés Rey.

A Coruña, 27 de maio de 2021 | A agrupación socialista coruñesa retomou a súa actividade presencial na Casa do Pobo cun acto de recoñecemento a Javier Losada, polo seu traballo como Delegado do Goberno en Galicia e polo seu compromiso político, 

O acto estivo coordinado pola secretaria xeral dos socialistas coruñeses, Eva Martínez Acón, e contou coa presenza do secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e ademáis omaron a palabra o actual Delegado do Goberno, José Miñones, a subdelgada do Goberno na Coruña, Pilar López Riobóo, e Carmen Marón, exconcelleira e exdeputada. 

A secretaria xeral do PSOE Coruña, Eva Martínez Acón sinalou que non se lle ocurría mellor maneira de retomar a actividade presencial que cunha homenaxe a un compañeiro como Javier Losada, de quen destacou o seu compromiso político tanto na súa etapa de concelleiro e alcalde, lembrando que “con Javier a cidade situouse no mapa mundial ao conseguir que o noso faro, a Torre de Hércules, todo un símbolo para A Coruña, fose considerado Patrimonio da Humanidade”,  como nestes últimos anos de Delegado do Goberno, nos que “en momentos complicados, con repetición de eleccións xerais, cunha oposición sen ningún sentido de estado nunha pandemia que aínda seguimos xestionando, Javier mantivo a serenidade, defendeu as decisións do gobierno cuxa prioridade era, e segue sendo protexer aos máis vulnerables.” 

GONZALO CABALLERO

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, iniciou a súa intervención expresando a súa satisfaccion por volver a sentir a conexión persoal presencial e estar nunha agrupación de referencia. Recordou que a agrupación coruñesa tivo grandes referentes do socialismo galego e que nesta ocasión “estamos para recoñecer a un compañeiro de excepción, cunha gran vocación de servizo público, comprometido con Galicia e coa xustiza social como referencia.”  E sinalou que lles tocou afrontar xuntos a maior crise da historia como representantes do goberno e o partido en Galicia. “Javier é o delegado do goberno que fará historia por poñer a voz do partido socialista na labor de goberno nesta comunidade autónoma” dixo.

INÉS REY

A alcaldesa da Coruña quiso dedicarlle unhas palabra agarimosas tamén para lembrar e agradecerlle que se era alcaldesa era en parte por unha chamada que Javier Losada lle fixo para formar parte da súa candidatura nas municipales hai 20 anos.

“Javier foi unha peza esencial para que A Coruña se convirtise nunha cidade cosmopolita” afirmou, sinalando que  e é un exemplo por esa forma de facer discreta. 

JAVIER LOSADA

O exdelegado do goberno agradeceu emocionado a organización do acto á secretaria xeral, Eva Martínez Acón pero quixo recordar e agradecer a toda a militancia, aos secretarios e secretarias xerais da agrupación coruñesa ao longo da historia, aos compañeiros das diferentes executivas locais que seguen a facer un esforzo persoal por deixar un partido forte. 

Pero Losada fixo un especial énfasis en sinalar que para os socialistas as ideas sempre van unidas aos principios, cunha organización que lle de corpo para facelas realidade. “E iso é o partido, sempre o partido” dixo. “Porque o partido permite amplificar o noso traballo”, e da soporte para engrandecer os proxectos institucionais.  “Principios, ideas e partido” reafirmou.

VÍDEOS DE REPRESENTANTES DO GOBERNO

Algúns ministros e ministras do goberno de España tamén quixeron participar neste acto de recoñecemento ao traballo de Javier Losada como delegado do Goberno enviando a súas mensaxes a través de vídeo como a vicepresidente primeira, Carmen Calvo; a vicepresidenta segunda e ministra de Asuntos Económicos e Transición Dixital, Nadia Calviño:  a vicepresidenta 4º e ministra de transición ecolóxica e reto demográfico, Teresa Ribera; o ministro de Agricultura, Pesca y Alimentación, Jose Luis Planas e a ministra de Sanidade, Carolina Darias.

OUTROS COLABORADORES  E O ACTUAL DELEGADO DO GOBERNO

A subdelegada do goberno na Coruña, Pilar López Riobóo quixo sinalar que Javier Losada foi un alcalde que fixo unha das maiores renovacións urbanas da cidade e que merece ser parte da historia da Coruña.

Nesa liña tamén intervíu Carmen Marón, como estreita colaboradora de Javier Losada durante 34 anos na súa etapa como alcalde que resaltou o valor da Losada como home de partido sempre orgulloso da loita socialista. E o actual delegado do goberno expresoull a súa gratitude por poder contar co seu apoio e sempre disposto a transmitirle a súa experiencia.

ASISTENCIA PRESENCIAL E ON LINE

Para cumprir coas restricións COVID, o acto desenvolveuse de forma híbrida cun aforo presencial restrinxido no salón de actos de Casa do Pobo socialista no que estaban o expresidente, Fernando González Laxe, o vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena, deputados como Martín Seco, e Diego Taibo, o subdelegados do Goberno das outras tres provincias, o portavoz municipal, Jose Manuel Lage e os concelleiros, Juan Díaz Villoslada, Esther Fontán, Diana Cabanas, Juan Ignacio Borrego e Chero Celemín así como os exsecretarios xerais do PSOE Coruñés, como Antonio Campos Romay e Mar Barcón, membros da actual comisión executiva municipal  e outros militantes socialistas, pero tamén a través da plataforma Zoom, na que estiveron conectados  algúns representantes institucionais.