O Plan de Recuperación Económica e Social PRESCO financiouse con 20 millóns de euros entre as dúas edicións e supuxo unha reactivación económica sen precedentes
A Coruña contou neste mandato co orzamento máis social da súa historia apostando polo terceiro sector e pola inclusión real
A Coruña camiña cara un modelo urbano que prioriza a mobilidade sostible, apostando polo transporte colectivo e un novo sistema de Bici Coruña con máis de 500 bicicletas e 55 novas estacións
A Coruña consolidouse como o o polo tecnolóxico de Galicia e de referencia en España coa consecución da AESIA e o desenvolvemento da cidade das TIC
Neste mandato gañáronse máis de 55.000 metros cadrados para a cidadanía humanizando máis de 30 rúas
A nosa cidade recuperou o seu liderado como capital cultural do noroeste con concertos, exposicións e eventos de carácter internacional
Nestes catro anos fixéronse máis de 300 intervencións en toda a cidade e realizáronse festas e eventos para dinamizar os diferentes barrios
Neste mandato reforzamos e melloramos os programas e instalacións deportivas nos diferentes barrios e acollemos competicións de primeiro nivel
O proxecto liderado por Inés Rey comezou no 2019, converténdose na primeira muller alcaldesa da democracia da Coruña. Hoxe A Coruña está mellor que hai catro anos. é unha cidade que avanza e mira ao futuro con confianza grazas ao diálogo, o liderado e a xestión da nosa alcaldesa.
#socialistascoruña
© Todos os dereitos reservados