Inés Rey

Alcaldesa da Coruña

No meu primeiro mandato como alcaldesa sentamos as bases do proxecto da Coruña do futuro.


Teño un proxecto para a Coruña dos próximos 10 anos que ten como obxectivo facer que A Coruña avance como o está a facer, volvendo ser unha referencia nacional e internacional, unha cidade atractiva en termos económicos e en calidade de vida gañando espazos para os cidadáns e sempre reforzando as políticas sociais para non deixar a ninguén atrás.


Queremos seguir construindo unha cidade ambiciosa e líder no desenvolvemento económico e social, consolidando a AESIA e a Cidade das TIC, máis tamén a finalización desa rolda peonil que unirá toda a cidade.


Con estacións de bici Coruña en todos os barrios, coa nova estación intermodal, desbloqueada neste mandato, e que transformará de forma integral toda a contorna.


O noso proxecto para A Coruña do futuro tamén pasa pola definición da fachada litoral para que se integre no modelo urbano, unha vez que neste mandato conseguimos o máis importante: a chegada do tren ao porto exterior e a apertura dos peiraos á cidadanía.

_A CORUÑA

QUE AVANZA_