A secretaria xeral da Agrupación socialista coruñesa interveu esta mañá no acto municipalista organizado polo PSOE en Valencia


Rey destacou a importancia das mulleres na toma de decisións para unha total transformación da política

 

A alcaldesa e secretaria xeral da Agrupación Socialista Coruñesa, Inés Rey, interveu esta mañá no acto municipalista organizado polo PSOE en Valencia para a presentación de candidatos e candidatas das cidades de máis de 50.000 habitantes. O evento estivo presidido por Pedro Sánchez, presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, xunto con Sandra Gómez, vicealcaldesa e candidata á alcaldía de Valencia e Ximo Puig, presidente da Generalitat Valenciana.

 

Inés Rey interveu como alcaldesa e candidata socialista á alcaldía da Coruña, onde destacou a importancia das mulleres na toma de decisións para unha total transformación da política. “Yo soy la primera mujer alcaldesa en la democracia en A Coruña y quiero ser la primera mujer que revalide la alcaldía. Y quiero hacerlo porque cuando una mujer rompe uno de esos techos de cristal que siguen existiendo ese paso lo damos todas juntas. Así que por mí y por todas quiero revalidar la alcaldía” sinalou Rey. 

Inés en Valencia A actual rexedora e secretaria xeral compartiu espazo con Jaume Collboni, candidato á alcaldía de Barcelona; Carolina Darias, ministra de Sanidade e candidata á alcaldía de Las Palmas; Reyes Maroto, ministra de Industria, Comercio e Turismo e candidata á alcaldía de Madrid; e Antonio Muñoz, alcalde de Sevilla. Inés Rey explicou que “voy a revalidar la alcaldía porque cuando gobernamos los socialistas siempre hay un antes y un después y yo quiero trabajar por el después, por el futuro, por la justicia social y por la igualdad”.

 

A Coruña e Sevilla foron as cidades escollidas para presentar o seu modelo de liderazgo no encontro municipalista do PSOE. Antonio Muñoz comparte con Inés Rey que a súa cidade fora escollida para albergar un dos primeiros organismos estatais descentralizados polo Goberno, xa que Sevilla será a sede da Agencia Espacial Española (AEE) e A Coruña da Agencia Española de Supervisión de la Inteligencia Artificial (AESIA).