Inés Rey: “Hoy la izquierda está más viva que nunca, defendiendo los valores de la igualdad, de la solidaridad y la justicia social”

A candidatura coruñesa foi aprobada por unanimidade na comisión federal de listas e refrendada por aclamación do Comité Federal

A Coruña, 18 de marzo de 2023.- A alcaldesa da Coruña e secretaria xeral dos socialistas coruñeses, Inés Rey, presidiu esta mañá o Comité Federal do PSOE no que se aprobaron as listas socialistas para as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio. Baixo o lema “Defiende lo que piensas” do Comité Federal, Inés Rey destacou na súa intervención que “hoy la izquierda está representada y más viva que nunca, defendiendo los valores de la igualdad, de la solidaridad y la justicia social que tantos nos caracterizan”.

Rey foi contundente, logo da mensaxe da presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, animando aos deputados do PP a “matar a los socialistas”. “Lo que sobra en España, en una democracia que tanto nos ha costado afianzar y que tantas vidas se ha llevado por delante, son mensajes que intenten destruir nuestros pilares de convivencia” explicou a alcaldesa.

A candidatura coruñesa, encabezada novamente pola alcaldesa, Inés Rey foi aprobada onte na comisión federal de listas por unanimidade, e refrendada hoxe por aclamación do comité federal.