“Temos un proxecto para a Coruña dos próximos 10 anos e o noso obxectivo é que A Coruña siga avanzando”
A alcaldesa e candidata presentou esta mañá aos 27 integrantes da súa lista diante da futura sede da AESIA
A Coruña, 22 de abril de 2023.- A alcaldesa e candidata socialista á alcaldía da Coruña, Inés Rey, deu a coñecer esta mañá á súa candidatura de cara ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio. “Hoxe presentamos ante a sociedade aos 27 homes e mulleres cos que aspiro a revalidar a confianza dos cidadáns para seguir gobernando e obter o apoio maioritario que permita consolidar o traballo desenvolto neste mandato” explicou a alcaldesa.
“A Coruña que avanza” é o lema escollido para a representación da candidatura encabezada por Inés Rey, definida pola candidata como “o mellor equipo” para consolidar o goberno e seguir avanzando no proxecto “sólido e confiable” para a cidade. “Temos un proxecto de futuro para a Coruña dos próximos 10 anos e unha candidatura de persoas solventes que traballarán en beneficio do avance da cidade” sinalou Inés Rey.
Inés Rey lembrou que “hoxe A Coruña está mellor que hai catro anos” en relación ao modelo desenvolto durante o presente mandato no que cidade recuperou a ambición e a súa identidade destacando que “a candidatura socialista é a que garantiza que a cidade siga avanzando”. Puxo como exemplo a consecución da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA) como un dos logros deste mandato. Precisamente o edificio da Terraza, que albergará a sede da AESIA, foi o lugar escollido pola alcaldesa para a presentación da súa candidatura. “A consolidación da AESIA e da Cidade das TIC marcarán o futuro da Coruña como polo tecnolóxico e motor económico de Galicia” explicou.
Candidatura completa | “A Coruña que avanza”
- Inés Rey García
- José Manuel Lage Tuñas
- Yoya Neira Fernández
- Gonzalo Castro Prado
- Nereida Canosa Domínguez
- Francisco Dinís Díaz Gallego
- Noemí Díaz Vázquez
- Manuel Vázquez Martínez
- Diana María Sobral Cabanas
- Juan Ignacio Borrego Vázquez
- Montserrat Paz Romero
- Jesús Javier Celemín Santos
- Bettina Kohlhaas
- Jose María Castrillo Neira
- Ana Lenochka Yaquimenko Delascio
- Humberto Ramírez Fouz
- Paula García Lozano
- Jesús Mosquera Rivas
- Patricia Bravo Barreiro
- Eduardo Astray Viqueira
- Dolores Orellán Valiño
- Fernando José Rodríguez González
- Soledad Morales Cañas
- Eduardo Toba Blanco
- Pachi Cores Monteagudo
- Ángel Sedano Pardo
- Carmen Marón Beltrán
S1. M.Manav Gambhir González
S2. María Paz Villar Paredes
S3. José Luis Núñez
S4. Ángeles Seijas Neira