Nada en Madrid en 1975.
Son licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña, técnico superior en Prevención de Riscos Laborais, perito xudicial, cun Posgrao de Especialización en Propiedade Horizontal e Experta Técnico Inmobiliario.
Traballei como asesora laboral nunha asesoría fiscal e laboral da Coruña, e completei a miña formación xurídica na Escola de Práctica Xurídica entre os anos 2006 – 2008.
Desde o 2005 ata xullo do 2019 dirixín a miña propia empresa exercendo como administradora de fincas e avogada.
Como formadora participei en Cursos FIP, FUNDEFO e Fundación da Universidade nos anos 2005, 2006 e 2007 sobre creación de empresas e autoemprego.
Milito no PSOE desde xaneiro do 2004, fun secretaria de Dereitos e Liberdades da executiva provincial da Coruña entre os anos 2014 e 2017, e desde outubro do 2017 formo parte da CENG do PSdeG-PSOE como secretaria executiva LGTBI. En febreiro do 2018 fun elixida secretaria xeral do PSOE A Coruña.
Son nai solteira por elección dunha nena e unha das miñas prioridades é a conciliación para que as mulleres podamos optar a postos de responsabilidade sen que a maternidade supoña un impedimento ou limitación.