Naceu na Coruña no ano 1997. Vinculada ao mundo do deporte, primeiro como ximnasta, logrando diferentes títulos a nivel autonómico, e na actualidade como adestradora, con ximnastas que compiten tanto a nivel autonómico como Nacional. Compaxina a súa paixón polo deporte coa avogacía. Estudou dereito na UDC e na actualidade exerce como avogada laboralista nun despacho da Coruña.
Defínese como Coruñesa de toda a vida, amante da súa cidade e do seu barrio, do que non pretende irse nunca. O seu interese pola política vénlle desde a infancia, sendo o 2019 o ano no que decide afiliarse ao PSOE. Na actualidade obstenta diferentes cargos orgánicos en Xuvetundes Socialistas: Na Coruña, é Secretaria de Deportes e Igualdade mentres que en Galicia é Secretaria de Economía, Emprego, Transición Ecolóxica e Axenda 2030.