Noemí Díaz

Gústame definirme como lucense de nacemento e coruñesa de adopción pois é nesta cidade na que botei finalmente raíces e onde comecei o meu proxecto familiar xunto á miña parella Marta. Estudei Enxeñería de Montes en Lugo, combinando estadías en Florencia (Italia) e Valencia. Antes de adicarme á docencia, a miña verdadeira vocación, traballei doce anos na empresa privada. Primeiro preparando proxectos, concursos e
licitacións públicas e máis tarde na direción e xestión de obras e servizos. Hai 5 anos aprobei as oposicións de ingreso ao corpo de profesorado de Educación Secundaria de Galicia, na especialidade de Bioloxía e Xeoloxía. Neste momento desenvolvo a miña labor como docente no IES Eusebio da Guarda na Coruña, un centro marabilloso do que me sinto moi orgullosa de desenvolver a miña vocación.
Son feminista, activista e integrante de asociacións como Les Coruña, Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia e FELGTBI. Tamén formo
parte da asociación Mensa. Na actualidade son a Secretaria de Dereitos LGBTI+ do PSOE da Coruña. Estou casada con Marta Herraiz e temos unha nena de dous anos.