Son filla de Ángela, mestra de profesión, e de Alberto, fareiro da Torre de Hércules polo que vivín gran parte da miña infancia e adolescencia no faro milenario. Afilieime a Xuventudes Socialistas xa que meus pais me inculcaron o respecto á diversidade e o compromiso social dende moi nova.
No 2001 comecei os meus estudos de Terapia Ocupacional na Universidade da Coruña e de Xerontoloxía Social no 2003. Traballei como terapeuta ocupacional no Servizo Galego de Saúde e en Centros de Atención a Persoas con Diversidade, colaborando con nenos e nenas con adultos en situación de vulnerabilidade. A docencia e o social son as miñas dúas grandes paizóns polo que continuei cos meus estudos especializándome en Dirección de Servizos Sociais.
Dende 2015 coordino o Grao en Terapia Ocupacional e dende 2017 son vicedecana da Facultade de Ciencias da Saúde. Gústame compartir tempo coa miña familia, especialmente polo meu pequeno de seis anos. É por el polo que me sumo ao proxecto de Inés Rey, para que A Coruña siga avanzando en educación, igualdade e xustiza social.