Manuel José Vázquez Martínez

Nacín o 19 de agosto de 1957 na Coruña. Son fillo de Etelvino e Carmen. Cursei os meus estudos no CEIP Curros Enríquez e máis tarde no Instituto Nacional de Enseñanza Media de A Coruña.
Son traballador por conta allea en multinacionais dedicadas á transformación do aluminio dentro do departamento de Tecnoloxías da Información. O meu activismo chegou da man da miña carreira profesional sendo membro do Comité de Empresa en diferentes etapas.
Fun xogador, entrenador e directivo de clubes deportivos da cidade, conselleiro do RC Deportivo e actualmente presidente da Asociación de Fútbol Aficionado da Coruña.