Manav Gambhir
Son un xove periodista e politólogo que nacín na Coruña o 29 de marzo de 1997. Proveño dunha familia monoparental e mestiza con forte arraigo na cidade e progresista ata a médula.
Estudei en Madrid mais sempre tiven como obxectivo regresar á Coruña para medrar e facer da miña cidade un lugar mellor. Toda a miña experiencia profesional estivo sempre ligada á cidade herculina, tanto no xornal La Opinión de A Coruña como na na miña etapa como consultor político e axente de comunicación en Atrevia. Milito nas Xuventudes Socialistas da Coruña e súmome ao proxecto de Inés Rey porque creo que avanzar nunha mellor Coruña é posíbel.