Son un coruñés empresario do sector audiovisual dende hai mais de 15 anos, con experiencia dende 1982 desempeñando altas responsabilidades en empresas de renovables (fotovoltaica e termodinámica), telecomunicacións e de solucións B2B e B2C. Xunto con Marina, a miña muller, teño dous fillos e dous cans.
Nacín nunha familia de clase media, fillo de “costureira” e de “empregado de banca”, e desde sempre estou vinculou a entidades xuvenís, deportivas, sociais, vecinais, ou de representación sindical e profesional.
Fun presidente do Sporting Ciudad ACD (de 2010 a 2019), da Asociación de Amigos da Cidade Vella (2006 a 2015), Vicepresidente da Asociación de Festas do Rosario (2016 a 2019), tesoureiro da AAVV da Cidade Vella, (2017-2019) e secretario xeral da Asociación de Empresas de Dobraxe de Galicia (2014 – actualidade). Milito no PSdeG coruñés desde 2004 do que foi vicesecretario xeral e portavoz e integrante de distintas comisións e comités. Son voluntario do Banco de Alimentos e actualmente concelleiro de Turismo, Relacións Institucionais e Seguridade Cidadá.