Nacido en Outes (23/02/1977). Concelleiro-Delegado de Economía, Facenda e Réxime Interior do Concello da Coruña (Áreas e Servizos da Concellería: Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación, Persoal e Recursos Humanos, Innovación e Modernización Tecnolóxica, Interior e Atención Cidadá, Informática, Patrimonio e concesións municipais, Intervención Xeral, Tesourería, Xestión Tributaria.)
Portavoz do Goberno Local dende 2019 e tamén deputado Provincial-Delegado de Asistencia a Municipios en Deputación provincial da Coruña.
Foi secretario Organización da Comisión Executiva Provincial do PSdeG-PSOE da Coruña dende o 2018 ata o 2021, cando pasou a ser secretario de Organización na Comisión Executiva Nacional do PSdeG-PSOE.