Nacín na Coruña en 1982, no barrio de Santa Margarida. Son licenciada en Dereito pola Universidade de A Coruña (UDC) e posteriormente cursei o curso da Escola de Práctica Xurídica “Decano Iglesias Corral” do Colexio de Avogados da Coruña (ICACOR) superando a proba de acceso a avogacía. Con 18 anos comecei a militar nas Xuventudes Socialistas e desde o 2002 no PSdG-PSOE).
Na miña etapa de estudante na Facultade de Dereito da UDC vinculeime ao movemento estudantil, sendo a persoa que máis votos acadou nunhas eleccións ao Claustro da UDC en toda a súa historia. Participei na comisión redactora dos Estatutos da UDC e fun membro do Consello de Goberno da Universidade.
Até tomar posesión como concelleira e ser proclamada a primeira alcaldesa elixida democraticamente da historia da Coruña dediquei a miña vida profesional ao exercicio da avogacía como autónoma en distintos ámbitos do Dereito, especialmente en dereito de familia e penal, pero tamén atendendo a outras disciplinas, sendo avogada da quenda de oficio durante os últimos dez anos.