Son funcionario interino da UDC. Casado, pai de dúas fillas e apaixoado do deporte ao que levo vinculado 38 anos. Director Deportivo do CRAT.
Nacín na Coruña no 1971 e son fillo de Isabel e Pepe Ramírez, o maior de tres irmáns. Gústame viaxar coa miña familia e amigos pero teño que confesar que outro dos meus hobbies é a cociña.
Estudei no Colexio de Labañou e no Politécnico. Vivín na Agra do Orzán durante a miña infancia e adolescencia pero fai 19 anos mudeime a Novo Mesoiro onde actualmente vivio coa miña familia. Para min, o deporte é o pilar fundamental da nosa sociedade e tamén da nosa cidade.