Gonzalo Castro

Nacín nos Mallos (1972), e trasladeime a Monte Alto en 1983, onde resido na actualidade.
Estudei EGB en Sanjurjo de Carricarte e A Sardiñeira, Bacharelato en Zalaeta e Dereito na UdC.
A miña actividade profesional comezou na avogacía, por conta allea e propia, ata que comecei a exercer de asesor xurídico no ámbito institucional, Congreso dos Deputados, Senado, Parlamento de Galicia, ata que finalmente acabeime especializando no asesoramento xurídico de entidades locais, actividade que vin desempeñando ata o momento en que me incorporei ao goberno de Inés Rey, primeiro como xefe de gabinete primeiro, pasando despois a desempeñar o posto de coordinador xeneral municipal.
Gran afeccionado ao fútbol e ao automobilismo. No fútbol cheguei a formar parte das categorías inferiores do RCD.