Francisco Dinís Díaz Gallego
Nacín na Coruña no ano 1988 e vivín toda a miña vida en Catro Camiños, estudando primeiro no Concepción Arenal e máis tarde no instituto Fernando Witz. Son arquitecto, doutor en arquitectura pola Universidade da Coruña e pai dunha familia numerosa.
Comecei a miña andaina na política no 2006 nas Xuventudes Socialistas das que fun ademais Secretario Xeral. A partires do 2013 traballeir como arquitecto dentro dos equipos de Oficina de Planeamento, colaborando na redacción de numerosos plans xerais por toda Galicia. Desde abril de 2022 son concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade no Concello da Coruña.