Fernando naceu na Coruña hai 55 anos. Creceu entre Monte Alto, as Atochas e a praza de España, e aprendeu as súas primeiras leccións na Grande Obra de Atocha. Fillo da Formación Profesional, obtivo o seu título de Electrónica na Universidade Laboral a finais da década dos 80 do século pasado. Cursou estudos de Dereito e Ciencias Xurídicas das Administracións Públicas na UNED mentres traballaba como funcionario do Concello da Coruña, no que leva desempeñando o seu labor os últimos 25 anos.
Desde moi pequeno os seus amigos, compañeiros e familiares alcumárono Nito, que foi o mote que lle instaurou o seu irmán pequeno Miguel cando pronunciou as súas primeiras palabras. Gran afeccionado aos deportes e ao cinema, o que máis aprecia nesta vida son, sobre todo, os seus amigos.