Diana Sobral Cabanas

Coruñesa do 1979. Medrei entre os barrios de Monte Alto e Cidade Vella. Nai de 4 fillos e comprometida co movemento asociativo, o que me levou a fundar e formar parte de varias asociacións da
Coruña.
Relacións públicas de vocación e profesión, especializada na xestión e organización de eventos. Fundei a miña propia empresa no 2001 na que traballei ata 2006 organizando e supervisando diversas
campañas de marketing e promoción. En 2008 cofundei o
Centro de Fisioterapia Marineda e de forma paralela, en 2014, comecei a traballar na creación dos proxectos  Marineda formación e  Servizos
Médicos Marineda, ambas empresas ligadas ao sector sanitario.
En 2019 sumeime ao proxecto de Inés Rey como concelleira de Comercio, Mercados, Consumo e Barrios.