ANA YAQUIMENKO

Número 15

Meu nome é Ana Yaquimenko (completo: Ana Lenochka Yaquimenko Delascio) e formo
parte da candidatura do PSdeG – PSOE pola cidade da A Coruña para as eleccións locais a
celebrar o próximo 28 de Maio.
Muller, nai de dúas fillas e un fillo, nacín en Montevideo o 15 de febreiro de 1978,
descendente de familia rusa e italiana emigrados a principios do século XX a Uruguai.
Cando tiña dous meses de idade, a miña familia emigrou a España, primeiro vivindo un
ano en Cataluña e despois en Galicia. En Ourense pasei a miña infancia, estudei COU en
Santiago de Compostela e aos 18 despraceime á Coruña para cursar os estudos
universitarios.
No ano 2002 comezo a impartir actividade física nas Escolas Deportivas
Municipais de A Coruña, asumindo posteriormente a súa coordinación, ata a actualidade.
Sempre vinculada co deporte e implicada no seu fomento e promoción, asumo a
presidencia e xestión do club Ximnasia Coruña no 2006, ata hoxe.
Milito no partido socialista desde fai dezaoito anos. De formación laica, sempre crin en
valores como a igualdade, a liberdade ou a solidariedade. Os valores socialistas
acompáñanme no meu día a día, e alí onde estou intento contribuír o que poida para que
o noso mundo sexa un pouco mellor para todas e todos. Nunca desempeñei ningún cargo
institucional pero sí orgánico como Secretaria de Deportes da Agrupación Socialista de A
Coruña. Formei parte das listas electorais pola provincia da Coruña nas eleccións
autonómicas do 2016 e das europeas do 2019.