A Coruña, 15 de xuño de 2019
EXCELENTÍSIMAS E ILUSTRÍSIMAS AUTORIDADES. CONCELLEIROS E CONCELLEIRAS DA CORPORACIÓN. TRABALLADORES E TRABALLADORAS DESTA CASA. CORUÑESES, CORUÑESAS E TODAS AS PERSOAS QUE NOS ESCOITAN A TRAVÉS DO SINAL DAS REDES MUNICIPAIS…
Hai agora 40 anos que os municipios españois recuperaron a elección democrática dos seus representantes.
Pero tiveron que pasar 40 anos para que sexa unha muller, unha coruñesa que nin sequera tiña nacido daquela, quen teña a honra de recibir da man da súa veciñanza o máis relevante cargo político que existe e existirá: o de alcaldesa.
Hoxe, por vez primeira na nosa democracia, unha muller é investida alcaldesa da Coruña. E quero e debo ser todas as mulleres desta cidade. Ser a alcaldesa de todas. E de todos. Todos os días. E xusto por iso só podo comezar con humildade e agradecemento.
Trasladando unha proposta aberta, igualitaria, solidaria e inclusiva sabendo que A Coruña só pertence a si mesma. Aos seus homes e mulleres.
E quero dirixirme de novo a todas as coruñesas.
Superamos un dos teitos que nos reducía como cidade.
Non podo evitar lembrar a cantas concelleiras teñen ocupado escanos nesta corporación antes ca min.
Algunhas das que me precederon están hoxe aquí, e tamén as que me acompañarán neste mandato, de todos os grupos políticos.
Grazas polo voso esforzo, polo que facedes e representades e grazas tamén aos homes con quen sabemos que podemos contar.
Non o fixemos soas. As mulleres estamos chamadas a protagonizar co peso que nos corresponde, nin máis nin menos, unha nova era, unha novidade que para esta cidade non debe ser tanta posto que a levamos no noso ADN histórico.
Sería tan errado como imposible que A Coruña encare o seu porvir sen ter presente a cada segundo que esta é a cidade das mulleres.
Hoxe teño a inmensa sorte de culminar unha loita feminista en nome de todas elas.
Desde a praza contempla María Pita a escena; desde a historia mira outra heroína coruñesa esquecida, Inés de Ben, que contribuíu con todo o que tiña a defender a cidade do mesmo asalto de Drake.
Hoxe está aquí con nós Teresa Herrera, coidando de mulleres pobres e enfermas ata conseguir o inicio do hospital de caridade.
Está Concepción Arenal, acudindo en 1841 disfrazada de home ás aulas de Dereito para evitar ser expulsada.
E lémbrome tamén de Dona Emilia Pardo Bazán loitando pola formación das mulleres en contra dos homes que non sabían amalas; está Juana de Vega, fuxindo do absolutismo e volvendo á Coruña, facendo bulir as ideas de progreso e liberdade nesta cidade aberta, plural, diversa.
E están tamén Marcela e Elisa, que selaron o seu amor, a carón do espazo que agora ocupamos, sen barreiras, sen prexuízos, en liberdade.
Todas perseguiron o seu soño. Todas loitaron por el. Imos seguir o seu exemplo.
Imos seguir o seu exemplo, o exemplo das nais, das fillas e todos os homes que tamén son feministas, porque non estamos ante unha cuestión nominal e simbólica, senón ante un dos retos do noso tempo; o de aplicar políticas que poñan fin á fenda salarial ou á violencia machista.
Permítanme unha cita. Unha frase de alguén que foi fiel ata o final a esa mandato pioneira pola igualdade, Carma Chacón que dixo:
“Hay mucho por lo que luchar así que cuando uno da un paso hacia delante debe pensar que está empujando para que la generación que venga tenga las cosas mucho más fáciles”.
Porque hoy seguimos sosteniendo luchas y también tejiendo sueños.
Quiero soñar con vosotros A Coruña en la que creo; quiero que hagamos juntos la ciudad orgullosa de ser, de volver a ser guía y faro de Galicia.
Quiero una ciudad que luche contra la degradación del clima, que defienda la movilidad sostenible, y que garantice el acceso a la vivienda, la cohesión y la justicia social.
Quiero junto a vosotros arrancar de nuevo el motor económico de Galicia. Ser Cabeza de un área metropolitana que, en el marco de una economía globalizada, aporte la diferencia que sigue haciendo de esta esquina del mundo, el terreno del que brotan algunos de los proyectos empresariales más admirados e imitados en todo el globo.
Creo en una Coruña que apoye y se apoye en nuestra Universidad, en su capacidad de innovación, en su contribución al desarrollo científico y tecnológico, al progreso económico, al ascenso social sobre la base del mérito, la capacidad, el talento.
Creo en una ciudad que no deje a nadie atrás. Creo en esta ciudad como un modelo de éxito, y por eso quiero seguir luchando con los trabajadores de nuestros sectores industriales amenazados, como lo están los de ALCOA, FERROATLANTICA e ISOWAT.
Y ahora, ya como alcaldesa, defenderé vuestros puestos de trabajo y vuestro futuro, porque es también el futuro de nuestra ciudad.
Trabajaré para que nuestros barrios recuperen el protagonismo que merecen, con la dinamización de los mercados, con nuevos servicios, con apoyo al pequeño comercio, dotándolos de nuevos centros cívicos, para que vuelvan a ser espacios de convivencia, orgullo y señal de identidad de nuestra ciudad.
Creo en una ciudad moderna en la que se cuiden los espacios públicos y donde apostemos por un urbanismo sostenible, la misma ciudad que fue capaz de dibujar la sonrisa de una de nuestras bahías y que ahora tenemos el reto de hacerlo en el otro costado con el desarrollo de la fachada marítima, diseñar esa ciudad del futuro que es el legado que podremos dejar a las generaciones venideras.
Y para ello será necesario desbloquear las grandes infraestructuras que están pendientes de ejecutar, como la conexión por tren a Langosteira, el vial 18 o la estación Intermodal, entre otras. Todas ellas son imprescindibles para que está ciudad recupere el liderazgo económico y social.
Y todo ello no se puede hacer sin pensar en las personas, por eso fuimos y volveremos a ser referentes en las políticas de igualdad y cohesión social.
Los poderes locales, por su posición en relación con la ciudadanía son los mejor situados para afrontar y ayudar a revertir los problemas sociales, empleando la estructura municipal para llegar hasta cada necesidad derivada de la diversidad funcional, de cada mayor solo, cada mujer desempleada, de cada joven sin expectativas, de cada familia en dificultades.
Hace unos días se hicieron públicos unos alarmantes datos que nos detallan las consecuencias sociales persistentes de la crisis, incluso en un marco de crecimiento económico sostenido. No podemos consentirlo. Quiero afrontar esta injusticia social con vosotros. Con las fuerzas de la administración, con el apoyo de las entidades y los cientos de voluntarios que son orgullo de esta ciudad solidaria.
Y lo quiero hacer en una ciudad que ha alcanzado sus mejores logros cuando se ha unido y ha superado diferencias gracias al consenso. Por eso, quiero y trabajaré para que este mandato municipal sea el de la amabilidad, el de los acuerdos. Nos lo demanda la ciudadanía. Y nos debemos solo a ella.
Porque es la dignidad la que nos hace humanos, porque es la humanidad la que nos hace iguales, y porque es la solidaridad la que es seña de identidad de nuestra ciudad.
Vou ser a alcaldesa de todos e todas. Pero tampouco podo hoxe negar unha evidencia da que me sinto orgullosa. Son socialista. Pertenzo a un partido con 140 anos de traxectoria que sempre estivo na primeira liña das conquistas sociais máis importantes da nosa historia.
Demostramos capacidade de diálogo, sensibilidade cos menos favorecidos, vocación de utilidade e creatividade política. A moitos niveis, tamén neste Concello.
Cando penso na rede de bibliotecas e centros cívicos dos nosos barrios; no Paseo Marítimo, nos museos científicos ou noutros servizos públicos municipais, pensó no Partido Socialista, no seu gran balance tanto como goberno en solitario como en coalición, e nos moitos desafíos que agora retomamos coa man tendida.
Desde xa, esta alcaldesa éo de cada un dos case 250.000 coruñeses e coruñesas, porque a mensaxe que nos enviou a cidadanía foi claro: pluralidade, responsabilidade e acordos. Compañeiras e compañeiros da Corporación, fagamos da diferenza, virtude.
Vivimos nun país que alcanzou os seus mellores logros cando se uniu e superou diferenzas sobre a base do consenso.
E para estar á altura da Coruña dispoñemos dunha ferramenta ás veces desprestixiada e demasiadas veces dinamitada desde dentro, ferramenta na que creo e na que convido a confiar: chámase Política.
Está nas nosas mans, na nosa capacidade de traballo diario, a opción de xerar confianza e a obriga de mellorar a vida da xente. Non existe servidume máis vizosa que a de responder con éxito ás necesidades da veciñanza, aos seus desexos e arelas, ás súas ordes.
Se o servizo público é de por si unha honra, facelo desde o chanzo municipal permite contrastar acotío os seus resultados a nada que se poña atención. As demandas da cidadanía poden e deben chegar sen intermediarios.
E creo que podo afirmar sen medo a trabucarme que aos que formamos parte desta Corporación nos pararán pola rúa para pedirnos unhas instalación deportivas, un pulo ao mantemento urbano ou prestacións sociais; pero nunca, ou case nunca, o que nos demandan os veciñas e veciñas é que nos enfrontemos máis ou nos insultemos mellor.
Daquela, non o fagamos. Debatamos sen crispación. Saibamos facer Política. Con maiúscula. A que fixeron centos antes de nós na e a que farán no futuro outros e outras. Deixemos un legado de entendemento, non de terra queimada.
A mina xestión pasa tamén por unha continuidade naquilo que se fixo ben, que de seguro foi moito. É por iso que quero agradecer de forma especial e mesmo usar como metáfora dunha cidade unida na súa diversidade a presenza neste Salón de Plenos dos alcaldes Liaño, Vázquez, Losada, Negreira e Ferreiro. Todos eles, cada un desde a súa posición, intentaron facer o que consideraron mellor para a cidade. Agradézollo.
E así seguirá sendo.
Creo, en fin, nunha cidade que recupere o diálogo institucional, cuxos representantes políticos traballemos para alcanzar consensos co resto de forzas políticas co fin de desbloquear os grandes proxectos para Coruña, cuxa continuidade debe quedar garantida máis aló do mandato dunha Corporación.
Abrir a cidade aos peiraos desafectados é un deses proxectos estratéxicos que debemos construír -xuntos- superando as nosas diferenzas en beneficio da Coruña.
Creo no diálogo como instrumento fundamental político permanente, no recoñecemento do outro e na procura do acordo coa mirada posta na eficacia das políticas públicas municipais, ás que servirá unha administración municipal na que traballan xa os mellores profesionais.
Creo na lealdade institucional. O respecto entre administracións é, ante todo, unha obriga para coa cidadanía e en min todas as administracións terán unha interlocutora leal, así na discrepancia como na coincidencia, ao servizo desta cidade.
El maestro, filósofo y alcalde, Tierno Galván, trató de acercar la ciudad a las personas y viceversa con un conjunto de obras dirigidas a conseguir la convivencia con un único objetivo: “Todos tenemos nuestra casa, que es el hogar privado; y la ciudad, que es el hogar público”. Y eso es lo que haremos de esta ciudad, nuestro hogar público del que estaremos orgullosos.
Este hogar que ha sido mío toda mi vida y antes lo fue de mis padres, a quienes agradezco que me hayan educado en los valores que hoy defenderé desde esta tribuna.
Antes que ellos fue el hogar de mis abuelos a quienes nada haría más felices que ver a su nieta portando el bastón de mando de su ciudad.
Sé que allá donde estén se sentirán orgullosos de mí y de estos valores con los que hoy, en compañía de mi marido, educo a mis hijos.
Y desde esta tribuna os digo, coruñeses y coruñesas, que seré valiente y que tomaré decisiones por el bien del interés general de la ciudad.
Y es posible que en alguna me equivoque, no lo dudo, pero estad seguros de que lo haré con la conciencia tranquila de haber errado pensando siempre en el bien común de mis conciudadanos.
Hoy rompemos uno de esos techos.
Hoy trazamos un nuevo rumbo
Hoy abrimos una nueva etapa.
Por nuestra ciudad, por A Coruña.
En la que creo.
Y a la que quiero.
¡VIVA A CORUÑA!
Muchas gracias a todos.