O vindeiro 12 de xullo celebraranse as eleccións ao Parlamento de Galicia nas que Gonzalo Caballero é o candidato á presidencia da Xunta de Galicia polo PSdeG-PSOE.
O cabeza de lista dos 25 representantes que lle corresponden á provincia da Coruña, e dos que seis pertencen á Agrupación Socialista Coruñesa, é Pablo Arangüena. Vicesecretario xeral do PSdeG e deputado na XIII e XIV lexislatura no Congreso. Foi o letrado que denunciou en 2011 as irregularidades nas prexubilacións dos antigos directivos de Novacaixagalicia. Ten un máster en administración e dirección de empresas (MBA) polo Instituto de Empresa e é vicepresidente da Asociación Libre de Abogados de Galicia.
Tamén foi técnico de comercio exterior na oficina comercial da embaixada de España en México e responsable de Expansión Internacional de Sociedad Textil Lonia. Durante varios anos participou regularmente en diversos medios de comunicación. Anteriormente foi membro do Comité Nacional Galego do PSdeG e do Comité Provincial do PSOE na Coruña.
Pilar Muiños é a número 6 da lista pola Coruña. Licenciada en Filoloxía Inglesa por la Universidade de Santiago, posúe tamén un máster universitario en Educación e Novas Tecnoloxías e un máster en dirección de redes sociais. Foi directora de desenvolvemento on line do Grupo EIP e directora das súas sedes en Madrid e Galicia. Tamén é colaboradora en varios medios de comunicación. É secretaria de comunicación da Comisión Executiva Municipal da Coruña e membro da Comisión Nacional de Ética do PSdeG.
Rubén Alejandro García é enxeñeiro técnico industrial pola UDC. Traballou como deseñador industrial e actualmente coordina a formación de opositores en diversas categorías. Vai no posto 17 pola provincia da Coruña,
Yago de Ron é o número 19 da lista. Funcionario da Axencia Tributaria desde 1983, é coordinador comarcal do PSdeG en A Coruña. Tamén foi Secretario de Organización de UGT Servicios Públicos da provincia de A Coruña, e Secretario xeral provincial de UGT Servicios Públicos da Coruña.
Ana Alén é o número 22 da lista da Coruña. É Secretaria Xeral das Xuventudes Socialistas de A Coruña, e coordinadora provincial das Xuventudes Socialistas de Galicia. Está formándose en linguas extranxeiras e estudiante do Grado Superior en Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos.
Tuco Cerviño pecha a lista da provincia da Coruña. É médico nefrólogo, sindicalista, xerente de dous hospitais e foi vicesecretario xeral do PSdeG (1998-2000). Foi tamén secretario de Sanidade da CENG e deputado autonómico na cuarta, quinta e sexta lexislatura: voceiro da Área de Sanidade, membro da Comisión de Política Social e Emprego e Secretario de Sanidade da Executiva do PSdeG.
Traballaremos con eles e elas para conseguir un cambio na Xunta de Galicia con un goberno de progreso liderado por Gonzalo Caballero.