Dando cumprimento ás Bases de Convocatoria das Asembleas de Renovación remitidas polo PSdeG-PSOE, este domingo, día 6 de Marzo, ás 9.00 horas en primeira convocatoria ( 9.30 horas en segunda), celebrarase a asemblea extraordinaria para a elección de composición da nova comisión executiva municipal que terá lugar na Casa do Pobo sita en Rúa Zalaeta nº 4 baixo 15002 A Coruña, coa seguinte
Orde do Día
1. Constitución da Asemblea
2. Elección da Mesa
3. Aprobación da Orde do Día
4. Informe de Xestión da CEM saínte
5. Votación do Informe de Xestión
6. Presentación de candidaturas á Comisión Executiva Municipal (CEM)
7. Presentación de candidaturas de representantes ao Comité Provincial (CP) (se procede)
8. Presentación de candidaturas de representantes ao Comité Nacional Galego (CNG) (se procede)
9. Votación en urna (no caso de existir máis dunha lista) da CEM.
10. Votación en urna (no caso de existir máis dunha lista) de representantes ao CP
11. Votación en urna (no caso de existir máis dunha lista) de representantes ao CNG
12. Proclamación dos resultados por parte da presidencia da Mesa.
13. Fin da Asemblea.
O período de votación estenderase dende as 10.00 horas ata as 15.00 horas, momento no que se fará o reconto e a mesa proclamará os resultados (punto 12 da Orde do Día).
Á nosa agrupación, seguindo as instrucións facilitadas, correspóndelle escoller 15 representantes ao Comité Provincial e 15 representantes ao Comité Nacional.