A asemblea do PSdeG-PSOE da Coruña aproba por aclamación a candidatura socialista para as eleccións municipais
A lista, encabezada novamente pola alcaldesa e secretaria xeral, Inés Rey, aprobarase de forma definitiva no Comité Federal do PSOE

A asemblea local dos Socialistas da Coruña vén de ratificar a proposta de lista aprobada na tarde de onte pola Comisión Executiva Muncipal (CEM) de cara ás vindeiras eleccións municipais.
A candidatura, encabezada novamente pola alcaldesa e secretaria xeral, Inés Rey, foi aprobada por aclamación polos socialistas da Coruña e terá a súa aprobación definitiva o sábado 18 de marzo no Comité Federal do PSOE.
Inés Rey sinalou que aspira a revalidar a alcaldía e conta “co mellor equipo” para acadar a victoria nas vindeiras eleccións municipais de maio e consolidar un proxecto de cidade para o próximos dez anos. Destacou que a súa aposta por “novos perfís” reforza a súa aposta por un novo mandato municipal onde aspira a obter unha “ampla maioría” que lle permita gobernar de novo.
José Manuel Lage Tuñas, concelleiro de Economía, Facenda e Réxima interior e Yoya Neira, concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación ocuparán os postos número 2 e 3 da candidatura. Nos números 4 e 5 incorpóranse, respectivamente, Gonzalo Castro e Nereida Canosa, actual xefe de gabinete e coordinador xeral municipal e vicedecana da Facultade de Terapia Ocupacional da UDC e profesora universitaria.
O actual concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestructuras e Mobilidade, Francisco Dinís Díaz Gallego, sitúase no número 6 da candidatura ao que lle seguen dúas novas incorporacións con Noemí Díaz, enxeñeira e profesora de ensinanza media no Instituto Eusebio da Guarda no posto número 7 e Manuel Vázquez no número 8, presidente da Asociación de Fútbol Aficionado da Coruña (AFAC). Os tamén actuais concelleiros de goberno, Diana Sobral, edil de Comercio, Mercados e Barrios e Juan Ignacio Borrego Vázquez, concelleiro de Turismo, Relacións Institucionais e Seguridade Cidadá sitúanse nos postos 9 e 10 respectivamente.
No número 11 incorpórase Montserrat Paz Romero, psicóloga, ex subdirectora de prisións e Xefa de Servizo de Seguridade Cidadá a actualidade e no número 12 repite o actual concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Javier Celemín Santos. No número 13 incorpórase Bettina Kohlhaas, actual directora da área municipal de Cultura. Nos dous últimos postos de saída, 14 e 15, incorpóranse o arquitecto Chema Castrillo Neira e a deportista coruñesa Ana Yakimenko.
Carmen Marón, ex deputada e tenente de alcalde da Coruña, é a proposta para pechar a lista. Trátase dunha referencia para Inés Rey polo seu compromiso coas políticas sociais e a igualdade polo que a súa elección supón un xesto simbólico como broche á súa carreira política.
Candidatura completa para as eleccións municipais 2023
- Inés Rey García
- José Manuel Lage Tuñas
- Yoya Neira Fernández
- Gonzalo Henrique Castro Prado
- Nereida María Canosa Rodríguez
- Francisco Dinís Díaz Gallego
- Noemí Díaz Vázquez
- Manuel Vázquez Martínez
- Diana María Sobral Cabanas
- Juan Ignacio Borrego Vázquez
- Montserrat Paz Romero
- Jesús Javier Celemín Santos
- Bettina Kohlhaas
- Chema Castrillo Neira
- Ana Yakimenko Delosio
- Humberto Ramírez Fouz
- Patricia Bravo Barreiro
- Jesús Mosquera Rivas
- Paula García Lozano
- Javier Mariño Fernández
- Dolores Orellán Valiño
- Eduardo Astray Viqueira
- Soledad Morales Cañas
- Fernando Rodríguez González
- Pachi Cores Monteagudo
- Eduardo Toba Blanco
- Carmen Marón Beltrán