


Na que todos e todas teñan as mesmas opcións e oportunidades

Creando novos espazos verdes e de convivencia para os veciños e veciñas

Apostando por un novo modelo de mobilidade urbana

Con programación de ocio e actuacións urbanísticas en todas as zonas

Son Inés Rey, alcaldesa da Coruña e secretaria xeral do PSdeG-PSOE coruñés. No 2019 presenteime por primeira vez á alcaldía co obxectivo de recuperar o liderado da Coruña, volvendo a posicionala como a cidade de vangarda que sempre fora.
Grazas aos coruñeses e coruñesas fun elexida como alcaldesa, convertíndome na primeira muller en chegar á alcaldía na democracia. Dende o Concello traballo día a día por facer da Coruña unha cidade mellor, sempre pensando nos coruñeses e coruñesas.